listaxe:  40 expositores

Flecharte

> Do 31 de xullo ao 8 de agosto.

Pezas de madeira torneadas totalmente diferentes, feitas con madeiras de podas controladas.
Compartido con Bruxarte.


Aguia 18 semisoto · 36205 VIGO (Pontevedra)
T 636 679 751   
flecharte2000@gmail.com


Laboratorio Lavgon

> Do 31 de xullo ao 8 de agosto.

O noso obradoiro nace en 2004, somos Michena, Lavinia e Carlotta, nai e fillas. Somos artesás textís e facemos vestidos, accesorios e complementos para ó fogar, ideados e realizados de principio a fin por nos mesmas.
Damoslle moita importancia a elección dos tecidos, visitando persoalmente as manufacturas italianas (as sedas de Como, as las do alto Adige...) e sempre investigando e en contacto directo coas produccións estranxeiras. Á hora de producir as nosas pezas damos moita importancia a reciclaxe dos anacos descartados ou sobrantes, co fin de reducir o impacto ambiental. Desta creación manual nacen exemplares únicos e exclusivos. Plantexamos o noso concepto de traballo como alternativa ao gran mercado da moda.


Vía Guarnoni 2 · I-27030 ZINASCO - PAVIA (Italia) ()
T 00390382915272   
www.laboratoriolavgon.it


Laia - Zapateiros

Calzado fabricado de xeito artesán, seguindo o proceso de montado e empalmillado a man, de curtición vexetal, engraxado con graxas naturais. O coiro natural é permeable ao aire polo que está recomendado para as persoas con problemas alérxicos, de suoración e mal olor nos pés.

Praza do Convento 4 · 15800 MELIDE (A Coruña)
T 626 252 054   
www.laiazapateiros.com
www.facebook.com/laiazapateirosmelide
www.instagram.com/laia_zapateiros/


Maysil

Artesanía e deseño.

Padrón 13 - 1º · 36680 A ESTRADA (Pontevedra)
T 986 570 595   M 696 398 000
www.maysil.com


Media Lúa

Producción totalmente manual de artigos de coiro funcionais e decorativos.
Restauración, encargos a medida, publicidade, hostalaría.


Camiño da Chousa 2 · 36770 O ROSAL (Pontevedra)
T 639 833 961   
www.medialua.es


Obradoiro Rubiños

> Do 9 ao 15 de agosto.

Prata de primera lei con estilo propio, mesturando as novas liñas e as tradicionais.
Brincos, aneis, colgantes e pulseiras con pedras semipreciosas, esmaltes e perlas
cultivadas, deseños celtas e innovadores.
Todas as pezas levan a marca propia rexistrada na Oficina Española de Patentes e Marcas.


La Fuente del Oeste 28 int · 36900 MARÍN (Pontevedra)
T 652 479 672   
artesaniaenplata75@gmail.com
www.instagram.com/obradoirorubinhos


Otero Regal-Ceramista

No obradoiro de Regal Cerámicas fabrícase cerámica en gres e porcelana, empregando produtos da zona: caolín de Barreiros, feldespato de Silán e cuarzo do Barqueiro.

Camiño Real 127-Xunqueira · 27850 VIVEIRO (Lugo)
T 982 562 589   
www.regalceramica.com


Plata Nativa

Reproduccións arqueolóxicas e patrimonio monumental. Xoiería en prata, deseños propios e tradicionais.

Ctra. de Mandín 20 - 2º · 15168 SOÑEIRO (A Coruña)
T 981 631 313   
www.platanativa.es


Projecto A2

> Do 31 de xullo ao 8 de agosto.

Formado polos artesáns Cristina Vilarinho e Alberto Azevedo que a través da cerámica expresan o seu modo de ver, sentir e relacionarse co mundo que os rodea. Teñen como obxectivo propor pezas con alma, innovadoras e con raiz cultural, emotivas e utilitarias.
Paneis de azulexo manual, obxectos de autor empregando diversas técnicas e materiais, como a pintura e a ilustración en azulexo, a modelación e a olería en pezas de porcelana e grés. Sen descoidar unha vertente máis comercial, empregamos tamén a modelación ou serigrafía, técnicas de reproducción, para responder as solicitudes de empresas e institucións.


Rua do Carreiro 22 · 4815-182 LORDELO - GUIMARAES - Portugal ()
T 00351966716345   
www.projectoa2.com


Rosa Higuero

No noso obradoiro transformamos a prata en xoias de deseño propio con esmaltes ao fogo de variadas cores.

Estrada de Barreiro, Val 82 · 15621 CABANAS (A Coruña)
T 981 433 895   
www.rosahiguero.com
www.facebook.com/joyasrosahiguero
www.instagram.com/rosahiguero


páxina   < 1 2 3 4 >